Acadar seis puntos e medio de sete posibles, permitiu ao Mestre Internacional vigués, Rafael Rodríguez, proclamarse esta Semana Santa en Padrón, Campión Galego de Xadrez. O xogador do Universidade de Vigo logrou seis vitorias, un empate e ningunha derrota nun campionato no que o capitán do equipo, Pablo García logrou o bronce, por detrás de Diego Espiñeira do Padrón que se proclamou subcampión.
“Estes resultados”, asegura Pablo García, “manteñen a liña do ano pasado e confirman que o Universidade de Vigo está á cabeza do xadrez galego, tamén na base”.
14/04/2009