As artistas integrantes do grupo de investigación ES2 da Facultade de Belas Artes, dirixido pola profesora Yolanda Herranz, expoñen ata o vindeiro 13 de marzo na galería Artebronce da Guarda. Baixo o título Xénero feminino, Celeste Garrido, Sonia Tourón, Covadonga Barreiro, Noemí Lorenzo, Laura Piñeiro, Basilisa Fiestras e a propia Yolanda Herranz, reúnen as pezas resultantes das súas últimas investigacións, que relacionan a experiencia creativa coa condición feminina. Estas creadoras están realizando tamén baixo a dirección de Yolanda Herranz as súas teses de doutoramento, polo que a profesora afirma que “na súa obra, investigación e creación están indisolublemente vinculadas”.
26/01/2010