Ata o vindeiro venres 8 de abril permanece aberto o período de preinscrición na Escola Infantil do campus de Pontevedra, de acordo co calendario fixado pola Xunta de Galicia. No curso 2022-2023, o centro contará con 50 prazas, das que se reserva unha porcentaxe para os fillos e fillas do persoal docente e investigador, de administración e servizos e do alumnado da Universidade de Vigo.
29/03/2022