A festa desenfreada e o abuso do alcohol supoñen un fin tráxico para os protagonistas de A Esmorga, Cibrán, o Bocas e Milhomes, interpretados por Fernando Dacosta, Suso Díaz e Josito Porto respectivamente, integrantes da compañía de teatro Sarabela, que esta tarde presentou o seu espectáculo no teatro Vidal Bolaño da Cidade Universitaria dentro da programación cultural do primeiro cuadrimestre da Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes. A posta en escena desta peza mestura a acción e traxedia a través de monólogos, flashbacks e rexistros emocionais intensos dos personaxes polo contraste entre a realidade e o fantástico que se dá ao longo da obra, centrada nas peripecias de tres individuos moi conflitivos (Cibrán, Bocas e Milhomes) que escapando da xustiza, cometen unha serie de delitos.
11/11/2009