A sociedade, como ente vivo, evoluciona e precisa que o sistema lexislativo se adapte á súa nova realidade. Este proceso de cambio, vixente nestes momentos no contexto iberoamericano, propiciou a creación, a finais de 2011, da Asociación Iberoamericana de Xustiza Terapéutica, dirixida por Francisca Fariña e Esther González Pillado, catedráticas da Universidade de Vigo. “Dado o momento de cambio, este organismo é necesario para prestar asesoramento e axuda ás institucións e, para loitar por unha xustiza máis xusta, operativa, eficaz e humana”, explica Francisca Fariña, primeira presidenta da asociación.
17/04/2012