Toda a obra de Alberto García-Alix se compón de retratos, mesmo cando non fotografía persoas. Imaxes directas, cargadas de intencionalidade, que achegan a súa visión do mundo que o rodea, os seus amigos, a xente que sente próxima, as súas paixóns e as súas obsesións. Falou da súa experiencia nun longo coloquio co estudantado dentro do ciclo Miradas e visións, dúas propostas en torno á fotografía, organizado pola área de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. A súa ollada contrapúxose á do fotógrafo galego Juan Pablo Moreiras, que percorreu medio mundo para amosar “o equilibrio fráxil” da relación do home coa natureza.
30/10/2009