As controversias do protocolo oficial e privado centran o relatorio que Fernando Ramos, profesor do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e Comunicación, ofrecerá no IX Congreso Internacional de protocolo que a partir de mañá e ata o vindeiro sábado se desenvolverá en Budapest. O docente, que acude á reunión en representación da universidade española, considera que cando un cargo público acude a un acto privado como invitado, debe situarse, dende o punto de vista do protocolo, como tal e non como representante institucional. Esta premisa é totalmente exportable ao mundo académico, “onde calquera evento debe estar presidido polo rector”, explica Ramos.
17/11/2010