Durante estes días, a Casa das Campás está acoller o Seminario Luís Seoane, Artista, coordinado polo profesor Alberto Ruíz de Samaniego e no que diferentes especialistas analizan a dimensión da obra de Luís Seoane a partir de diferentes formulacións estéticas e ideolóxicas. O seu obxectivo é reflexionar sobre o peso específico de Seoane na Historia da Arte, en particular a galega. Para isto abriu o programa de hoxe o profesor, comisario e investigador Fernando Martínez Vilanova, cun relatorio titulado A arte de Seoane no laboratorio industrial, no que destacou o empeño do artista por achegar a arte á sociedade.
21/05/2010