Polos seus xardíns históricos e pola arquitectura dos seus edificios, o campus de Ourense é un lugar que destaca pola súa beleza. Por este motivo, a produtora Tamagaz Films escolleuno para gravar nel algunhas das secuencias da películas MIR que están actualmente rodando. Ambientada no mundo dos médicos internos, actores, director e equipo técnico estiveron por un día na Universidade transformando as aulas e espazos comúns nun pequeno e puntual estudio de rodaxe. Os resultados poderán verse en febreiro de 2013, cando se estree a obra, que está financiada pola Organización Médica Colexial de España.
31/10/2012