Esta semana intervén no Máster en Investigación en Comunicación como convidado Jorge Milán, profesor de televisión na Facultade de Comunicación Social e Institucional da Universidade Pontificia da Santa Cruz de Roma. Imparte un seminario sobre o uso e a análise do vídeo institucional, no que, entre outros aspectos, aborda o modelo de distribución destes vídeos. Neste sentido, amosou a súa preferencia polo soporte en dvd: “a campaña de difusión dun vídeo institucional debe ser multivariada, pero eu non quero renunciar ao dvd, pois ten o valor engadido da presentación, que dá a posibilidade de facer unha caixa bonita, uns menús interesantes, etc.”.
20/01/2010