No campus universitario de Ourense o rugby ten un protagonismo especial e iso débese en boa parte ao traballo do Servizo de Deportes do campus e dun club, o Campus Ourense Rugby, que en poucos anos pasou de ser un grupo de amigos a contar con equipos competindo nas categorías masculina, feminina, cadetes e infantil. Moita ilusión, gañas de gozar do deporte e da competición, traballo de canteira e dispor dunhas boas instalacións para a práctica deste deporte son algunha das claves que explican o auxe deste club e do rugby en Ourense. A gran novidade este ano, entrar na competición feminina despois de conseguir conformar un grupo de xogadoras veteranas e noveis.
07/12/2011