A humanización do campus, a cesión do edificio da residencia da ONCE e a cesión do terreos de Tafisa para o Edificio das Artes, foron as tres cuestións tratadas na reunión mensual da comisión Concello-Universidade para proxectos comúns celebrada este venres. No caso concreto do Edificio das Artes, o vicerreitor do campus de Pontevedra, Jesús Hernández, manifestou que segue sendo un obxectivo "prioritario e fundamental para darlle saída ás titulacións existentes de Belas Artes e Deseño Téxtil e Moda, e, sobre todo, para acoller posibles titulacións novas”.
26/02/2010