Descoñecido para a meirande parte do público, Rafael Barrett, autor polifacético nacido en Torrelavega hacia 1870, converteuse tras a súa chegada a Paraguai a comezos do século XX nun revolucionario do pensamento do país que deu lugar a unha modernidade artística fundamental na súa evolución cultural. Esta é unha das razóns polas que Barrett protagoniza a quinta edición do Congreso Internacional Roa Bastos de Literatura que por primeira vez se celebra en Vigo, “algo moi salientable que hai que agradecer a Carmen Luna, profesora da Universidade, e á investigadora brasileira Alai Diniz”, subliñou Rosa Pérez, decana da Facultade de Filoloxía e Tradución. Á súa chegada a Paraguai en outubro de 1904, Rafael Berret non era aínda consciente de que acababa de atopar o seu lugar definitivo no mundo.
01/12/2010