O ciclo Universium comezou este luns con mensaxes directos de responsables políticos e especialistas sobre a necesidade de que a sociedade civil e os xestores traballen de xeito conxunto para lograr un desenvolvemento sostible na xestión da auga en España. O ciclo que contou na súa xornada inicial coas intervencións da ministra de Medio Ambiente, Mariño e Rural, Elena Espinosa e do profesor de Análise Económico da Universidade de Zaragoza e membro fundador da Fundación Nueva Cultura del Agua, Pedro Arrojo, “asume”, segundo o reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago “o reto de centrarse nesta edición, nun tema que ocupa un lugar prioritario nas nosas vidas como é a auga e a política da auga”.
A ministra de Medio Ambiente que incidiu na necesidade de acadar os obxectivos da Directiva Marco da Auga, lembrou a redefinición que se produciu no ano 2004 nas políticas da auga en España, “co obxectivo de superar as deficiencias no control e eficiencia de usos”.
03/11/2008