Houbo un tempo no que unha sólida formación era practicamente sinónimo dunha extensa traxectoria laboral. Mais os cambios económicos, sociais e tecnolóxicos dos últimos anos converteron en fundamentais habilidades como a capacidade de comunicación ou de resolución de problemas. Non en van, “o éxito profesional depende nun terzo dos coñecementos técnicos e en dous terzos das capacidades, habilidades e intelixencia”, segundo afirmou Antonio Casal, director do Centro de Operacións de Ence en Pontevedra, no acto de apertura do curso Intelixencia emocional, talento e empregabilidade, no que se axudará ao alumnado “a coñecer as súas potencialidades e saber como proxectalas no seu futuro”, explicou Antonia Blanco, vicerreitora do campus de Pontevedra.
12/03/2014