Mellorar a economía de Lalín e a súa comarca. Este é o obxectivo do proxecto de colaboración conxunto que hoxe botou a andar entre o Concello de Lalín e a Universidade de Vigo. En total son seis comisións de expertos as que hoxe se puxeron mans á obra para acadar a posta en marcha de distintos proxectos en ámbitos como enerxías renovables e aforro enerxético, promoción do sector textil, política municipal, agroindustria, mellora das telecomunicacións e impulso ao turismo.
O reitor, Salustiano Mato, acompañado polo alcalde, José Crespo, fixo fincapé na necesidade de “traballar para conseguir beneficios non só para esta zona norte da provincia de Pontevedra, senón para toda Galicia".
03/03/2011