A Universidade de Vigo, no seu proceso de internacionalización, está a abrir novas canles de colaboración con outros países. Nesta ocasión, o protagonista é a Federación Rusa, cuxo embaixador en España, Alexander Igorovich Kuznetsov, visitou esta mañá o Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI), onde foi recibido pola vicerreitora de Investigación e Transferencia, Mª Victoria Jato. No transcurso da súa visita ao centro, a vicerreitora presentoulle ao embaixador as principais liñas e proxectos de investigación da Universidade, entre eles e de modo destacado todos os relacionados co Campus do Mar. Un proxecto sobre o que Igorovich manifestou o seu interese ao tratarse dun ámbito de coñecemento de especial relevancia no seu país, o máis extenso do mundo, cunha superficie de 17.075.400 quilómetros cadrados e máis de 140 millóns de habitantes
23/11/2010