Deporte, cultura, natureza e patrimonio percorren da man os 251 quilómetros que compoñen a programación dos Roteiros Culturais para todo o curso. En total, 11 propostas, a primeira delas unha Ruta das Termas que xa se desenvolveu a pasada fin de semana, que visitarán boa parte da provincia de Ourense pero que este curso se achegan tamén á de Pontevedra. Xunto cos percorridos clásicos como o de Allariz ou San Pedro de Rocas a comunidade universitaria poderá gozar de oito rutas novas: San Rosendo, Santo Estevo, Barbantiño-San Cibrao de Las, Mosteiro de Montederramo, Arnoia-Ribeiro, Vía Nova, Vía da Prata e Rías Baixas.
28/10/2010