A identidade dunha persoa está formada en boa parte pola influencia dos outros. As parellas, os familiares, os amigos, as experiencia que deixan cicatrices ou os momentos de felicidade, entre outras moitas cousas, compoñen o quebracabezas do que é cada persoa. Con esta idea de fondo, o fotógrafo Germán Gómez expón na Sala Alterarte do campus de Ourense tres das obras da súa serie Condenados. Nelas, o creador asturiano reflexiona, a través da fotografía e do corpo masculino nu, sobre a identidade e o home. A mostrá, que forma parte da programación do Outono Fotográfico, estará aberta ata o 11 de xaneiro de 2013.
09/11/2012