Tratar de cambiar que só o tráfico de graneis, de non graneis e de pasaxeiros conten para que se incorpore un porto como nodal na Rede Transeuropea de Transporte. Esa é a “loita” que ten agora por diante a Autoridade Portuaria de Vigo, unha batalla na que a Universidade de Vigo colaborará co Campus do Mar como argumento e ferramenta, xa que o campus de excelencia supón “un importante valor engadido á actividade pesqueira da cidade”, como explicou o presidente do Porto, Ignacio López-Chaves, tras unha reunión mantida co reitor Salustiano Mato. “Se os portos con relevancia en importación de recursos enerxéticos como gas ou petróleo se consideran nodais polo elevado volume de tonelaxe que move, os vinculados á pesca tamén deberían estar incluídos”, salientou.
28/11/2011