Con arredor de 7 millóns de falantes, o guaraní é, dende 1992, lingua oficial xunto co castelán, en Paraguai. Porén, o recoñecemento legal do idioma non trouxo consigo a dignificación do mesmo nin un bilingüismo coordinado, algo que o novo goberno do país, con Fernando Lugo á cabeza, se marcou como meta. No seu empeño por poñer en valor o guaraní o novo executivo ven de crear o cargo de responsable da Dirección de Promoción das Linguas da Secretaría Nacional de Cultura, que ocupará a xornalista e escritora Susy Delgado. A piques de tomar posesión do seu novo cargo, Delgado impartiu na Facultade de Filoloxía e Tradución unha conferencia sobre a lingua e a literatura guaraní na que fixo un percorrido dende os cantos míticos ata a poesía de hoxe. Durante esta visita, que coincide coa presentación do seu primeiro libro traducido ao galego, afondou para o DUVI na situación lingüística do seu país.
01/12/2008