Obradoiro de Desenvolvemento de Competencias Profesionais Emprégate
Principais obxectivos do obradoiro
- Axudar a detectar fortalezas.
- Aprender a diferenciarse e posicionarse.
- Abordar as claves para afrontar unha entrevista de traballo.
- Crear un CV óptimo e efectivo.
Persoas destinatarias
- Dirixido a universitarios e universitarias da universidade de Vigo, principalmente menores de 30 anos ou en busca da súa primeira oportunidade laboral.
Datas e lugares
- 4 de xuño: Ourense, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. Edificio Politécnico, Aula B1.
- 5 de xuño: Pontevedra, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. Escola de Enxeñaría Forestal, Aula 2.
- 6 de xuño: Vigo, de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas. Edificio Miralles, Sala II.
Inscricións
Podes inscribirte aquí.