Concerto do rapeiro Hard GZ
Fecha de celebración:
27 de febrero de 2019 a las 18:00Dirigido a
Estudantes , Medios , PAS y PDIOrganiza
Universidade de VigoLugar
Praza Miralles s/n
36310 Vigo
España
Tipo de evento
MúsicaEntrada:
De baldeModalidade
PresencialPresenta o seu novo traballo 'Versus'
Semifinalista nos Premios de la Música Independiente (MIN 2019), Hard GZ é o rapeiro galego que máis entradas vende nas salas na actualidade. Pedro Ruibal Iglesias, nado en Vigo en 1995, medrou en A Coruña, onde entrou en contacto co hiphop e o rap e onde con tan só 14 anos montou o seu primeiro estudo caseiro e comezou a rapear na banda Urban Style Crew formada por grafiteiros, Djs e Mcs. En 2014 chegou o seu primeiro disco Virus e dous anos despois Kaos Nómada, ao que sucede Versus o seu novo traballo discográfico, que presenta no Teatro Vidal Bolaño do campus de Vigo, nun concerto que inaugura a programación cultural do segundo cuadrimestre da Universidade.
O concerto de Hard GZ celebrarase a partir das 18.00 horas. Concerto gratuíto ata completar o aforo do Teatro Vidal Bolaño. Entrada permitida a maiores de 18 anos, os menores desta idade tirán que ir acompañados de titor/a legal.