Bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo na EGAP
A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convoca unha bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo.
Requisitos
- Título de grao ou licenciatura en dereito. Os estudos debéronse rematar con posterioridade a xaneiro do ano 2015.
- Posuír o Celga 4 ou equivalente.
Descrición
- A contía da bolsa será de 1100 € mensuais. A bolsa iniciarase coa incorporación da persoa candidata e rematará o 31 de decembro de 2021.
- As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PR770F.
Información e solicitudes
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 8 de febreiro de 2021.
Máis información aquí.