Curso de fundamentos de deseño 3D na nube con Onshape
Formación gratuíta do programa e-Destrezas organizada pola Sección de Extensión Universitaria e dirixida a toda a comunidade universitaria.
Contidos
- Introdución: Benvidos ao futuro do CAD. Iniciación ao esbozo.
- Modelado básico: Operacións de modelado básicas. Esbozo avanzado.
- Deseño de pezas: Recomendacións e mellores prácticas de esbozo e modelado. Deseño de múltiples pezas.
- Introdución aos planos e ensamblaxes: Iniciación aos planos. Iniciación ás ensamblaxes. Xestión documental. Colaboración e soporte técnico.
- Modelado avanzado: Deseño de pezas de chapa.
- Configuracións: Configuracións a nivel de pezas. Configuracións a nivel de ensamblaxes.
- Propiedades e listas de materiais: Información vinculada ao deseño. Listas de materiais. Planos avanzados. Ensamblaxes avanzadas.
- Onshape mobile, personalización e programación: Onshape mobile. Personalización e programación en Onshape.
Poderase obter un diploma acreditativo con recoñecemento de 1,3 créditos ECTS para ensinanzas de grao.
Cando e onde
- Do 12 de decembro de 2019 ao 13 de febreiro de 2020.
- Na sala 4 do Edificio Miralles no Campus de Vigo.
- Os xoves de 15.30 a 20.30 h (40 horas).
Información e solicitudes
O prazo de inscrición estará aberto do 20 de novembro ao 10 de decembro de 2019.
Máis información e inscrición aquí.