Programa Cicerone - Prácticas de verán en laboratorios no CNIC
O Centro Nacional de Investigacións Cardiovasculares Carlos III convoca ata un máximo de 34 prazas dentro do Programa Cicerone 2020 - Prácticas de laboratorio no CNIC para estudantes de universidade durante os meses de verán. O obxectivo das axudas é achegar a investigación biomédica a estudantes de máster e de últimos cursos dunha titulación universitaria relacionada coas ciencias biomédicas.
Requisitos
- Cursar estudos de grao, licenciatura ou máster relacionados coas ciencias biomédicas (Medicina, Bioloxía, Biotecnoloxía etc) ou áreas relacionadas con este eido (física, química ou enxeñarías)
- Ter aprobado o 50% de todos os créditos de grao o día 20 de marzo de 2020
- Posuír unha nota media dos créditos cursados (tanto de grao como de máster) igual ou superior a 8 en escala de 1-10
Duración
- As estancias serán de 6 semanas entre os días 1 de xullo e 30 de setembro de 2020
Dotación económica
- As candidaturas seleccionadas recibirán unha subvención de 1500 €
- As persoas que residan fóra da comunidade de Madrid percibirán un importe de gastos de desprazamento (unha viaxe de ida e volta dende o seu lugar de residencia habitual), dun máximo de 500 €
Información e solicitudes
Debido ao estado de alerta (RD 463/2020, de 14 de marzo de 2020), o prazo de recepción de solicitudes ampliase ata o 18 de abril de 2020.
O prazo de inscricións permanecerá aberto ata o 3 de abril de 2020.
Máis información e inscrición aquí.