Congreso de arte de acción 'Fugas e Interferencias'
Fecha de celebración:
29 de noviembre de 2018 a las 10:00Dirigido a
Estudantes , Medios y PDIOrganiza
Universidade de VigoLugar
Rúa Don Filiberto, 9
36002 Pontevedra
España
Tipo de evento
CongresoEntrada:
Ns/Nc Es necesaria reserva.Modalidade
PresencialOs días 29 e 30 de novembro e o 1 de decembro
Asisten: Jorge Soto, vicerreitor do campus de Pontevedra; Silvia García, decana da Facultade de Belas Artes, Carlos Tejo e Marta Pol, directores do congreso
A Vicerreitoría do campus acolle a apertura do III Congreso de Arte de Acción Fugas e Interferencias, o único congreso académico dedicado á performance en España, que se desenvolve os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro na Casa das Campás e no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), combinando no seu programa unha serie de conferencias e mesas de presentación de comunicacións cun programa de performances.
Tralo acto de apertura, o evento abrirase coa presentación do libro de actas da segunda edición do congreso por parte de Marta Pol e, ás 11.00 horas, coa mesa A reflexión teórica da arte de acción, moderada pola investigadora Alicia Corral.
Ás 12.30 dará comezo unha sesión de performances realizadas polo alumnado da materia Proxectos de arte de acción do grao en Belas Artes, que partirá da Praza de España para completarse na Facultade de Belas Artes.
Más información
http://www.fugaseinterferencias.com/