Concerto de Nadal da Universidade de Vigo
Fecha de celebración:
15 de diciembre de 2018 a las 20:30Dirigido a
Estudantes , Medios , PAS y PDIOrganiza
Universidade de VigoLugar
Av. da Beiramar, 59
36202 Vigo
España
Tipo de evento
Actuacións y MúsicaEntrada:
De balde Es necesaria reserva.Modalidade
PresencialUnha viaxe roqueira para piano e orquestra no concerto de Nadal da Universidade
Symphonic Aysedeniz: a rock journey for piano and orchestra é o título do concerto de Nadal da Universidade de Vigo, que se celebra o sábado 15 de decembro no Auditorio Mar de Vigo. A partir das 20.30 horas os máis de 50 integrantes da Orquestra Vigo 430, baixo da dirección de Carlos Rodríguez, acompañarán á pianista turca AyseDeniz Gökçin nun concerto protagonizado por pezas froito do arranxo para orquestra de temas de grupos da escena do pop-rock como Coldplay, Muse, Queen ou Pink Floyd.
Cada persoa pode retirar dúas entradas a través da páxina CulturXest ata completar o aforo do auditorio.