A Casa das Campás acolleu o acto de benvida ao alumnado estranxeiro
O campus amosa a súa faciana internacional
Diferentes programas internacionais traen a Pontevedra 29 novos estudantes no segundo cuadrimestre
Aprender castelán e coñecer algo máis da cultura galega foron algúns dos principais motivos que trouxeron ata Pontevedra a 29 novos estudantes de intercambio, que se suman aos 13 que permanecen na cidade desde o comezo de curso para amosar a faciana máis internacional dun campus que cada ano recibe a máis estudantes estranxeiros. O programa Erasmus e os convenios bilaterais subscritos pola Universidade permitiron a chegada a Pontevedra destes novos 29 alumnos e alumnas, que este martes foron convocados na Casa das Campás, onde responsables de diferentes servizos os puxeron ao día de todo o que lles pode ofrecer a institución académica na súa estadía en terras galegas.
“Estamos encantados, porque cada ano recibimos máis estudantes estranxeiros. De feito, en proporción ao número de alumnos, o de Pontevedra é o campus que máis alumnos de intercambio recibe”, destaca Ana Belén Fernández Souto, responsable da Área de Extensión Cultural, Deportiva e de Comunicación do campus de Pontevedra. Mais non só aumenta o número, senón que "tamén se amplía o número de nacionalidades", destaca. De feito, os convenios bilaterais permitiron a chegada a Pontevedra dunha decena de estudantes procedentes de diferentes países de América Latina.
Da Universidade de Cohauila, en México, chegaron por exemplo Alan Calamaco, Ximena Torres e Diana De Hoyos, tres estudantes que acudirán nos próximos meses ás aulas da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. “Queríamos vir a España e a Universidade de Vigo cumpría o noso requisito de que as materias foran compatibles coas dos estudos que cursamos alá”, explica De Hoyos. Estes estudantes mexicanos destacan como moi positiva a acollida que lles brindaron os diferentes servizos da Universidade, ao igual que a “amabilidade da xente de Pontevedra”. É máis, o único pero que lle poñen ás súas primeiras horas deste lado do Atlántico neste chuvioso inverno é o clima, recoñecen con humor.
A riqueza da cultura galega foi tamén un dos elementos que máis chamou a atención de García nos seus primeiros días deste lado do Atlántico, ao igual que lle aconteceu á brasileira Alissara Zanotelli, que recoñece que se decantou por Pontevedra “porque é unha cidade moi distinta, da que nunca antes oíra falar”. Tamén amosou interese por saber máis de Galicia a nicaraguana Daniela Rodríguez, que se amosa “fascinada pola cultura galega, moi rica e moi diferente á de sitios como Madrid ou Barcelona". Estas tres alumnas permanecerán no próximo cuadrimestre na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, destino de 19 dos 29 estudantes que se incorporan ao campus neste cuadrimestre. Sumados aos 14 alumnos e alumnas que permanecen durante todo o ano na cidade son en total 43 os estudantes estranxeiros que nos próximos meses se formarán no campus. 28 deles farano na antedita Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, mentres que outros 7 cursarán estudos en Belas Artes e Ciencias da Educación e do Deporte e un farao na Escola de Enxeñaría Forestal.
Claro que hai tamén quen xa se defende en castelán e deixa claro desde o primeiro día o seu interese polo idioma galego, como é o caso de Mateo Domenichini, orixinario da cidade italiana de Boloña. “Nunca estivera en Galicia antes, pero é unha rexión con moita tradición e cunha lingua propia, que ademais é moi similar ao italiano”, apunta este estudante chegado desde a Universidade de Urbino, ao igual que Elena Severini, que destaca “esta é unha universidade moi boa e máis grande ca nosa, polo que creo que esta será unha experiencia única”.
“Estamos encantados, porque cada ano recibimos máis estudantes estranxeiros. De feito, en proporción ao número de alumnos, o de Pontevedra é o campus que máis alumnos de intercambio recibe”, destaca Ana Belén Fernández Souto, responsable da Área de Extensión Cultural, Deportiva e de Comunicación do campus de Pontevedra. Mais non só aumenta o número, senón que "tamén se amplía o número de nacionalidades", destaca. De feito, os convenios bilaterais permitiron a chegada a Pontevedra dunha decena de estudantes procedentes de diferentes países de América Latina.
Da Universidade de Cohauila, en México, chegaron por exemplo Alan Calamaco, Ximena Torres e Diana De Hoyos, tres estudantes que acudirán nos próximos meses ás aulas da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. “Queríamos vir a España e a Universidade de Vigo cumpría o noso requisito de que as materias foran compatibles coas dos estudos que cursamos alá”, explica De Hoyos. Estes estudantes mexicanos destacan como moi positiva a acollida que lles brindaron os diferentes servizos da Universidade, ao igual que a “amabilidade da xente de Pontevedra”. É máis, o único pero que lle poñen ás súas primeiras horas deste lado do Atlántico neste chuvioso inverno é o clima, recoñecen con humor.
Unha oportunidade para coñecer a cultura galega
“Quería vir a España, pero non a unha gran cidade, xa que vivo México DF, polo que cando comecei a investigar sobre a Universidade de Vigo e sobre Pontevedra decidinme”, afirma Estefanía García, outra das mexicanas que nesta xornada coñeceu na Casa das Campás os diferentes servizos que a Universidade pon a súa disposición da man dos representantes da Oficina de Relacións Internacionais, Extensión Universitaria, Deporte, Biblioteca, Área de Normalización Lingüística, SIOPE, Centro de Linguas ou da asociación Erasmus Student Network.A riqueza da cultura galega foi tamén un dos elementos que máis chamou a atención de García nos seus primeiros días deste lado do Atlántico, ao igual que lle aconteceu á brasileira Alissara Zanotelli, que recoñece que se decantou por Pontevedra “porque é unha cidade moi distinta, da que nunca antes oíra falar”. Tamén amosou interese por saber máis de Galicia a nicaraguana Daniela Rodríguez, que se amosa “fascinada pola cultura galega, moi rica e moi diferente á de sitios como Madrid ou Barcelona". Estas tres alumnas permanecerán no próximo cuadrimestre na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, destino de 19 dos 29 estudantes que se incorporan ao campus neste cuadrimestre. Sumados aos 14 alumnos e alumnas que permanecen durante todo o ano na cidade son en total 43 os estudantes estranxeiros que nos próximos meses se formarán no campus. 28 deles farano na antedita Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, mentres que outros 7 cursarán estudos en Belas Artes e Ciencias da Educación e do Deporte e un farao na Escola de Enxeñaría Forestal.
A oportunidade de aprender un idioma
Da Universidade de Bremen chega a Pontevedra a alemá Melanie Muller, que explica que a súa intención neste cuadrimestre, ademais de ampliar a súa formación, é aprender castelán. O mesmo lle acontece ao belga Yannick Van Lunter. “O meu principal obxectivo aquí é aprender castelán, gústame moito España e a súa xente", engade este estudante erasmus que aterrou o pasado xoves en Vigo, onde reside cun familiar.Claro que hai tamén quen xa se defende en castelán e deixa claro desde o primeiro día o seu interese polo idioma galego, como é o caso de Mateo Domenichini, orixinario da cidade italiana de Boloña. “Nunca estivera en Galicia antes, pero é unha rexión con moita tradición e cunha lingua propia, que ademais é moi similar ao italiano”, apunta este estudante chegado desde a Universidade de Urbino, ao igual que Elena Severini, que destaca “esta é unha universidade moi boa e máis grande ca nosa, polo que creo que esta será unha experiencia única”.