Traballar na UVigo

Para traballar como Persoal de Administración e Servizos (PAS) na Universidade de Vigo hai que participar nas convocatorias que se publiquen no taboleiro de convocatorias (categoría "Emprego" e tipo "Convocatorias de PAS") e ademais, cando se trata de persoal funcionario de carreira ou de persoal laboral fixo, tamén se publicarán no Boletín Oficial do Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Taboleiro de Convocatorias

 

En cada convocatoria se especificarán os requisitos de participación, o modelo de solicitude, o prazo para presentala e o importe das taxas.