O pleno do Concello de Vigo aproba a concesión da mención ao equipo do XaTcobeo
Os Vigueses Distinguidos saen ao espazo
O recoñecemento contou co apoio unánime da corporación municipal
Xunto ao equipo do XaTcobeo este ano 2012 recibirán as mencións de Vigueses Distinguidos a asociación de loita contra a droga Alborada, a precursora da asistencia domiciliara en Galicia e promotora do diálogo entre país, nais, docentes e administracións, Bertila Fernández; o dirixente veciñal Enrique Landesa; a Escola Rosalía Castro; o fundador da Misión del Silencio, pai Carlos Olivares e o fundador da Orde dos Cabaleiros das Cunchas e impulsor da Ruta Marítima O Cabaleiro das Cunchas, Paulino Freire Gestoso. Xunto aos Vigueses Distinguidos o Museo Quiñones de León recibirá a Medalla de Ouro da Cidade deste ano 2012 nun acto que se celebrará o día 27 de marzo no Centro Cultural Caixanova.
Recoñecemento para a Universidade
En nome dos 60 estudantes de máis de 30 profesores que participaron no proxecto materializou a posta en órbita primeiro CubeSat 1U dunha universidade europea que se constrúe con estándares da Axencia Espacial Europea, Aguado considera a concesión da mención de Vigués Distinguido como “un recoñecemento á Universidade e aos grupos e persoas que participaron no proxecto”. Estudantes e profesores que o investigador principal do XaTcobeo asegura que están moi agradecidos por unha mención que pon de manifesto a existencia de proxectos que “establecen pontes entre a Universidade e a cidade de Vigo. XaTcobeo amosa que na Universidade hai proxectos que nos achegan e identifican coa vida cotiá”.O alumnado, docentes, a institución académica viguesa e as entidades que colaboraron no financiamento do proxecto, son segundo Aguado os destinatarios dun recoñecemento que o investigador principal do XaTcobeo fai extensivo a súa familia.