Docencia

Os estándares de calidade no Espazo Europeo de Educación Superior configuran a base dos programas de calidade na docencia e na formación e a súa conexión coa investigación e a innovación

Están orientados á mellora dos procesos de ensinanza e aprendizaxe nos tres ciclos da educación superior (grao, mestrado e doutoramento), á formación integral do estudantado e ao aumento da transparencia da nosa universidade. 

 

O obxectivo do Programa FIDES-AUDIT (Sistema de Garantía de Calidade) é guiar os centros no seu labor de integración de todas as actividades relacionadas coa garantía de calidade das ensinanzas e favorecer os procesos de verificación, seguimento e renovación da acreditación das titulacións.

É un programa nacional adaptado e supervisado pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).
 

Alcance

As directrices deste programa aplícanse ás titulacións oficiais de grao, mestrado e doutoramento impartidas nas facultades e nas escolas propias e adscritas da nosa universidade.
 

Fases e funcionamento

A ACSUG establece as esixencias de calidade a partir dos criterios e directrices para a garantía de calidade no EEES actualizados no ano 2015 pola Asociación Europea para a Garantía de Calidade na Educación Superior (ENQA).

Os sistemas de garantía de calidade (SGC) que deseñamos desenvolven estas esixencias e criterios, que se aplican nos centros. 

Esta fase de deseño dos SGC é obrigatoria para os centros e debe ser certificada despois de superar unha avaliación documental. A aplicación e mellora deste funcionamento pode dar lugar a unha fase de certificación da implantación dos SGC, voluntaria, nos centros que desexen mostrar a súa madurez na implantación efectiva e na calidade da súa xestión.
 

Normativa


Documentación

Documentación marco dos SGC dos centros:

 

Aplicacións

Para xestionar os rexistros do sistema de garantía de cada centro, podes acceder á aplicación de calidade na secretaría. 
 

 Secretaría


​​​​​Tamén podes consultar aquí información histórica sobre os rexistros (ata o curso 2016/2017 incluído).


Resultados

Todos os nosos centros, propios e adscritos, agás a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e a Escola Internacional de Doutoramento (en fase de deseño) superaron a certificación do seu deseño, en 4 convocatorias, desde 2008 ata 2011.

A fase de certificación da implantación foi superada xa por 12 centros, en 6 convocatorias, desde 2013 a 2018, o que contribúe a posicionar a nosa universidade como punteira no conxunto das universidades españolas.

Este programa ten por obxecto avaliar a implantación das titulacións universitarias oficiais para preparalas para o proceso de renovación da súa acreditación.

O Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, modificado polo Real decreto 967/2014, do 21 de novembro, recolle no se artigo 27 que os títulos oficiais de grao, mestrado e doutoramento deberán realizar un seguimento do cumprimento do proxecto contido no plan de estudos que foi verificado polo Consejo de Universidades.

É un programa nacional adaptado e supervisado pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).
 

Alcance

As directrices deste programa aplícanse ás titulacións oficiais de grao, mestrado e doutoramento inscritas no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT) e impartidas nas facultades e escolas propias e adscritas da nosa Universidade.
 

Fases e funcionamento

A nosa universidade xestiona o seguimento dos títulos dos que é a responsabilidade administrativa. 

A ACSUG establece as guías e os protocolos de avaliación necesarios para renovar a acreditación, de acordo cos criterios e coas directrices para a garantía de calidade no EEES actualizados no ano 2015 pola Asociación Europea para a Garantía de Calidade na Educación Superior (ENQA), e conforme a lexislación.

O seguimento do resto das nosas titulacións (interuniversitarias) é xestionada pola universidade responsable administrativamente, tendo en conta as guías e protocolos da axencia de avaliación (ACSUG ou outra) e os procedementos e prazos da comunidade autónoma competentes.

 

Os obxectivos do seguimento son:

  • Asegurar a execución efectiva das ensinanzas, conforme o recollido no plan de estudos da titulación implantada, xunto coas modificacións aprobadas.
  • Identificar deficiencias ou desviacións e boas prácticas na implantación do plan de estudos, que leven a establecer melloras no seu desenvolvemento.
  • Asegurar a dispoñibilidade de información para os seus grupos de interese de acordo con criterios de transparencia e accesbilidade.

 

Normativa

 

Documentación

 

Aplicacións

Os informes de seguimento, os informes de avaliación, as evidencias e os indicadores do  programa xestiónanse, desde 2016, a través da aplicación Avalía da ACSUG.

 Avalía

 

Resultados

O programa empezou a aplicarse no curso 2009/2010 coas titulacións de grao e mestrado. Desde entón ata o curso 2016/2017 todas as titulacións implantadas realizaron un seguimento en función dos prazos legais e do calendario marcado pola ACSUG.

Os primeiros programas de doutoramento realizaron o seguimento no curso 2016/2017.

Este programa ten por obxecto avaliar as titulacións universitarias oficiais para garantir a renovación da súa acreditación.

O Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, modificado polo Real decreto 967/2014, do 21 de novembro, recolle no se artigo 24.2 que os títulos oficiais de grao de 240 créditos e os de doutoramento deberán renovar a súa acreditación no prazo máximo de seis anos, e que os títulos oficiais de máster deberán renovar a súa acreditación no prazo máximo de catro anos.

Este prazo contará desde a data de verificación inicial da titulación ou desde a data da súa última acreditación.

É un programa nacional adaptado e supervisado pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

 

Alcance

As directrices deste programa aplícanse ás titulacións oficiais de grao, mestrado e doutoramento inscritas no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT) e impartidas nas facultades e escolas propias e adscritas da nosa universidade.
 

Fases e funcionamento

A nosa universidade xestiona a renovación da acreditación dos títulos dos que é a responsabilidade administrativa.

A ACSUG establece as guías e os protocolos de avaliación necesarios para renovar a acreditación, de acordo cos criterios e coas directrices para a garantía de calidade no EEES actualizados no ano 2015 pola Asociación Europea para a Garantía de Calidade na Educación Superior (ENQA), e conforme a lexislación.

Os nosos títulos deben superar esta avaliación tendo en conta tamén o procedemento e os prazos que cada ano a comunidade autónoma estableza para as universidades do sistema universitario de Galicia (SUG).

A renovación do resto das nosas titulacións (interuniversitarias) é xestionada pola universidade responsable administrativamente, tendo en conta as guías e protocolos da axencia de avaliación (ACSUG ou outra) e os procedementos e prazos da comunidade autónoma competentes.

 

Os obxectivos da renovación da acreditación son:

  • Garantir que a implantación da titulación se leve a cabo de acordo coa memoria verificada vixente e apoiándose nun sistema de garantía de calidade.
  • Garantir que a titulación tivo un proceso de seguimento apropiado, a análise do seu desenvolvemento e xeración de propostas de mellora necesarias.
  • Asegurar a dispoñibilidade de información para os seus grupos de interese de acordo con criterios de transparencia e accesbilidade.

 

Normativa

 

Documentación

     

    Aplicacións

    Os informes de acreditación, os informes de avaliación, as evidencias e os indicadores do  programa xestiónanse, desde 2016, a través da aplicación Avalía da ACSUG.

     Avalía

     

    Resultados

    O programa empezou a aplicarse no curso 2013/14. Desde entón ata o curso 2016/2017 renovaron a súa acreditación todas as titulacións de grao e de mestrado que se presentaron, en función dos prazos legais.

    Os primeiros programas de doutoramento renovarán a súa acreditación no curso 2018/19.

     

    Neste momento estamos actualizando os contidos, polo que a seguinte ligazón leva á páxina da versión anterior da web. Agardamos ter publicadas o antes posible as novas informacións.

    O Real decreto 420/2015, do 29 de maio, establece a acreditación institucional dos centros universiarios como alternativa ao modelo de renovación da acreditación das titulacións universitarias oficiais ordinario.

    É un programa nacional adaptado e supervisado pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

     

    Alcance

    As directrices deste programa aplícanse ás titulacións oficiais de grao e mestrado inscritas no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT) e impartidas de forma efectiva nas facultades e escolas propias e adscritas da nosa Universidade.

     

    Fases e funcionamento

    Este programa, máis sustentable que a acreditación ordinaria, aproveita as sinerxías do programa de acreditación dos nosos títulos de grao e mestrado co programa FIDES-AUDIT da certificación da implantación dos sistemas de garantía de calidade (SGC) das nosas facultades e escolas.

    A nosa universidade está en condicións de obter a acreditación institucional inicial para as titulacións de once dos nosos centros, tendo en conta as condicións establecidas na lexislación, o que nos convirte nunha universidade senlleira a nivel nacional. Esta acreditación será efectiva para todas as súas titulacións de grao e mestrado, agás as interuniversitarias cuxa responsabilidade administrativa sexa doutra universidade.

    Esta acreditación terá unha vixencia de 5 anos, renovada en ciclos de igual período.

     

    Normativa

     

    Documentación

     

    Aplicacións

    A documentación que se emprega para solicitar a acreditación institucional tramítase a través da aplicación Avalía da ACSUG.

     

    A nosa universidade busca sempre acadar o maior prestixio nacional e internacional na súa oferta formativa. Por isto, traballa na obtención de acreditacións internacionais de calidade amplamente recoñecidas para as nosas titulacións.

    Estas acreditacións estimulan os procesos de mellora ao integrarmos estándares de calidade internacionais. 

    Grazas ao seu recoñecemento internacional, estes selos facilitan a mobilidade académica e profesional para o estudantado egresado, proporcionan ás organizacións empregadoras referentes recoñecidos sobre as competencias e coñecementos do noso estudantado e son un medio para promocionar as titulacións e as facultades e escolas da nosa universidade.   

     

    Programa Selos Internacionais de Calidade (SIC)

    É un programa internacional supervisado pola Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).

     

    Alcance

    O programa SIC desenvólvese actualmente no ámbito da Enxeñaría (selo EUR-ACE) e da Informática (selo Euro-Inf).
    O selo EUR-ACE de Enxeñaría é un certificado concedido por ANECA baixo a autorización da Rede Europea da Acreditación da Educación en Enxeñaría (European Network for Accreditation of Engineering Education -ENAEE-). O selo Euro-Info de Informática é concedido por ANECA baixo a autorización da Redde Europea de Garantía de Calidade da Educación en Informática (European Quality Assurance Network for Informatics Education -EQANIE-).

    O programa esténdese hoxe a tres titulacións oficiais de grao e mestrado destes ámbitos, que están inmersas no proceso:

    • O Grao en Enxeñaría Informática da Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense (selo Euro-Inf),
    • O Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación do campus de Vigo (selo EUR-ACE) e
    • O Grao en Enxeñaría Forestal da Escola de Enxeñaría Forestal do campus de Pontevedra (selo EUR-ACE).

     

    Fases e funcionamento

    As axencias internacionais de calidade e as redes ou asociacións profesionais internacionais de cada ámbito acordan os criterios de calidade aplicables a cada selo. Estas esixencias son adicionais ás dos criterios e directrices para a garantía de calidade no EEES. A ANECA xestiona a documentación adaptada á lexislación nacional e as convocatorias anuais para o programa.

    O proceso de avaliación pode realizarse ao tempo que a renovación da acreditación da titulación ou por separado. A certificación da implantación do sistema de garantía de calidade (SGC) da facultade ou escola onde se imparte contribúe ao éxito deste proceso.

     

    Documentación

     

     

    Programa ABET

    É un programa internacional supervisado pola prestixiosa axencia de Estados Unidos ABET (Accreditation Board for Engineering and Technology) que acredita programas no ámbito das ciencias aplicadas, ciencias da computación, enxeñaría e tecnoloxía en todo o mundo.

     

    Alcance

    O programa ABET desenvólvese no mestrado de Enxeñaría Industrial da Escola de Enxeñaría Industrial.
    A acreditación ABET permite garantir que a titulación satisface os criterios de calidade establecidos para a profesión de enxeñeiro industrial e que son aplicados na formación do estudantado. O estudantado que se gradúa ten así mellores oportunidades de emprego e de mobilidade global.

     

    Fases e funcionamento

    A axencia ABET establece os estándares de calidade para a profesión. Estas esixencias son adicionais ás dos criterios e directrices para a garantía de calidade no EEES. ABET regula a xestión das distintas etapas do proceso, que inclúe unha avaliación documental e unha visita dun equipo avaliador.

    O ciclo de avaliación é de 5 anos, tras o cal é necesario renovar o selo. A certificación da implantación do sistema de garantía de calidade (SGC) da facultade ou escola onde se imparte a titulación contribúe ao éxito deste proceso.

     

    Documentación

     

    A Lei Orgánica de Universidades (LOU) sinala, no marco da garantía de calidade das universidades, a obrigatoriedade da avaliación das actividades docentes, investigadoras e de xestión do profesorado universitario. Os nosos estatutos tamén recollen esta obriga nos seus artigos.

    Os programas de avaliación da nosa universidade están deseñados tendo en conta a lexislación nacional e os estándares de calidade do EEES.

    O programa de Avaliación da Actividade Docente do Profesorado Universitario (Docentia) establece un modelo e uns procedementos para garantir a calidade do profesorado da nosa universidade e favorecer o seu desenvolvemento e recoñecemento.

    É un programa nacional adaptado e supervisado pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

     

    Alcance

    O programa avalía a actividade docente do profesorado con vinculación permanente e do profesorado temporal a tempo completo que imparte imparte docencia recoñecida no Plan de Organización Docente (POD) en calquera das titulacións oficiais da nosa universidade.

     

    Fases e funcionamento

    O Manual de avaliación que deseñamos desenvolve as esixencias e criterios do documento marco que establece a ACSUG como referencia (os protocolos de avaliación, a implantación do modelo...). As fases do proceso están detalladas neste manual. A súa aplicación realízase cada ano mediante a convocatoria oportuna.

    Cada convocatoria inclúe unha fase de recollida de información, de valoración da información, de publicación dos resultados provisionais, de reclamación a estes resultados e de publicación dos resultados definitivos.

     

    Documentación

     

    Resultados

    Os resultados do programa Docentia poden consultarse na Secretaría.
     

    Secretaría

     

      O programa de Enquisas de Avaliación Docente (EAD) é o procedemento específico da nosa universidade mediante o cal o noso estudantado expón, a través dunha enquisa, a súa opinión sobre a calidade da docencia que recibe, tanto no relativo ao contido das materias como ao labor do profesorado.

      A transcendencia do procedemento precisa da participación activa, responsable e honesta do estudantado, dando a coñecer a súa opinión co obxectivo de mellorar o seu futuro profesional e social, e, en definitiva, de mellorar a nosa Universidade.

       

      Alcance

      Pode ser avaliado todo o profesorado que imparte docencia recoñecida no Plan de Organización Docente (POD) en calquera das titulacións oficiais da nosa universidade, sempre que imparta un mínimo de 10 horas presenciais por grupo de estudantes nas titulacións de grao ou un mínimo de 6 horas presenciais por grupo de estudantes nas de mestrado.

      Todo o estudantado de grao e mestrado pode participar desta avaliación.
       

      Fases e funcionamento

      O funcionamento do procedemento descríbese na súa guía, e comprende tres fases principais: a planificación das enquisas (primeiro polo profesorado e despois polos responsables nos centros), a realización e a publicación dos resultados.


      Documentación

       

      Resultados

      Os resultados das EAD poden consultarse na secretaría.
       

       Secretaría

       

        A calidade percibida polos axentes ou grupos de interese implicados nos nosos ensinos mostra o grao de satisfacción coas súas necesidades e expectativas, que deben ser avaliadas e satisfeitas con criterios de excelencia.

        O programa de medición da satisfacción é un programa propio da nosa universidade baseado nos estándares nacionais e internacionais e nas esixencias de calidade no EEES. O seu obxectivo é recoller e analizar información válida e fiable respecto da satisfacción do estudantado e doutros grupos de interese cos programas formativos que permita contribuír á súa mellora e á mellora da nosa universidade.

         

        Alcance

        A recollida e análise de información esténdese aos grupos de interese máis relevantes relacionados coas titulacións oficiais de grao, mestrado e doutoramento (estudantado, persoal docente e investigador, persoal de administración e servizos, titulados e tituladas e mais empregadores).

         

        Fases e funcionamento

        As medicións da satisfacción institucionais seguen os estándares normativos para deseñar as metodoloxías de medición máis axeitadas ao grupo de interese e ao tipo de información que se precisa recoller: realízanse enquisas e fanse grupos de discusión, realízanse as medicións, elabóranse e difúndense os resultados e analízanse estes para tomar decisións de mellora.

        Estas resultados, ademais, son unha valiosa fonte de información para mellorar os programas de calidade, como o sistema de garantía dos centros ou o seguimento e acreditación das titulacións oficiais.

        En complemento destas medicións, as facultades e escolas poden desenvolver procesos propios de avaliación da satisfacción adaptados ás súas necesidades.

        ​​​​​

        Documentación

        • Satisfacción cos graos e mestrados

         

        • Satisfacción cos programas de doutoramento

         

        Resultados

        Os resultados de participación e de satisfacción poden consultarse no Portal de Transparencia.
         

         PORTAL DE TRANSPARENCIA

         

         

        Calidade na docencia

         

        Consulta os resultados dos indicadores destes programas no Portal de Transparencia

         PORTAL DE TRANSPARENCIA

         

        Consulta a listaxe dos responsables de calidade das facultades e escolas da UVigo

        Coordinadores de Calidade das facultades e escolas143.81 KB