Voluntarias eliminando especies vexetais invasoras

Voluntariado e cooperación

Atendendo ás inquedanzas dos membros da nosa comunidade universitaria, temos un programa de voluntariado que depende da Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Igualdade e Cooperación e está organizado polo Servizo de Xestión da Extensión Universitaria.

Temos en conta todos os ámbitos de actuación nos que podes actuar como entidade colaboradora ou persoa voluntaria: apoio a estudantes ou persoas con necesidades especiais, infancia, xuventude, maiores, muller, minorías, cultura, saúde, consumo, educacion, novas tecnoloxías, deporte, medio ambiente, ocio e tempo libre, cooperación internacional...

  • Promover a integración do alumnado propio na realidade social e universitaria como parte fundamental da súa formación integral e complemento necesario dos seus coñecementos académicos.
  • Fomentar a participación dos membros da comunidade universitaria en actividades voluntarias, que desexe encarreirar as súas inquedanzas sociais, cooperativas e solidarias.
  • Difundir entre a comunidade universitaria información sobre as actividades de carácter social desenvoltas por ONG, institucións e fundacións, en especial as que desenvolven a súa actividade nas localidades nas que se atopan os campus da Universidade de Vigo.
  • Propiciar e colaborar no desenvolvemento de estudios e traballos sobre temas relacionados co voluntariado e coa problemática social do entorno.

Para participar como voluntariado tan só é necesario:

  • Pertencer á comunidade universitaria (alumnado, PAS, PDI).
  • Querer colaborar nalgún proxecto de voluntariado.
  • Dispor de tempo libre para dedicarlle ao proxecto no que te comprometas.

 

Razóns para facerte voluntario ou voluntaria:

  • Medrarás como persoa.
  • Debuxarás sorrisos ateigados de agradecemento.
  • Serás protagonista e axente do cambio para mellorar o mundo.
  • Adquirirás experiencia persoal que che abrirá portas no futuro.

 

A túa recompensa:

  • O teu corazón medrará un 200%.
  • Serás diferente das demais persoas con identidades e personalidade propia.
  • Fortalecerás a túa autoestima.
  • Recibirás créditos por compartir horas do teu tempo. Podes validar 30 horas de voluntariado por 1 crédito ECTS.

Normativa

Regulamento de voluntariado da UVigo9.47 MB Rexistro de persoal voluntario da UVigo194.34 KB Lei de acción voluntaria. Xunta de Galicia716.44 KB Lei estatal de voluntariado329.45 KB

Para máis información, podes contactar con:

Campus de Vigo   
Sección de Extensión Universitaria
+34 986 813 626
extension@uvigo.es

Campus de Ourense
Área de Servizos á Comunidade                 
+34 988 387 102
+34 988 387 089
asc-ou@uvigo.es

Campus de Pontevedra
Área de Servizos á Comunidade               
+34 986 801 949
+34 986 801 955
asc-po@uvigo.es