Eixes do Plan de igualdade

O II Plan de Igualdade estrutúrase en catro eixes que á súa vez conteñen obxectivos estratéxicos e operativos. A partir deses obxectivos, concrétanse as 85 accións que se consideran necesarias para acadalos.
  

  • I

    Cultura da igualdade na Universidade de Vigo, que ten como obxectivo estratéxico integrar o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como vertebrador da convivencia universitaria.
     

  • II

    Proxección social con perspectiva de xénero, que ten como obxectivo estratéxico proxectar á sociedade unha imaxe sen marcas de xénero que sirva como modelo de referencia.
   

  • III

    Docencia, investigación e transferencia do coñecemento con perspectiva de xénero, que ten como obxectivo estratéxico integrar a perspectiva de xénero na actividade universitaria para acadar a excelencia universitaria.


  • IV

    Condicións sociolaborais con perspectiva de xénero, que ten como obxectivo estratéxico crear un entorno para o desenvolvemento profesional e persoal en igualdade de condicións para toda a comunidade universitaria.