Para PAS

Coñece nesta sección como podes traballar como Persoal de Administración e Servizos (PAS) na Universidade de Vigo, mellorar a túa formación, a relación de postos de traballo, cales son os teus órganos de representación, facer intercambios de mobilidade e as xestións administrativas e laborais do teu interese.

O persoal de administración e servizos é a parte da comunidade universitaria que ten encomendadas a xestión técnica, económica e administrativa, así como o apoio, o asesoramento e a asistencia no desenvolvemento das funcións da universidade. 

Corresponde ao persoal de administración e servizos o apoio, a asistencia e o asesoramento ás autoridades académicas, o exercicio da xestión e administración, particularmente nas áreas de recursos humanos, organización administrativa, asuntos económicos, informática, arquivos, bibliotecas, información, servizos xerais, servizos científico-técnicos, así como o soporte á investigación e a transferencia de tecnoloxía.

O persoal de administración e servizos estará formado polo persoal funcionario das escalas das propias universidades e persoal laboral contratado pola propia universidade, así como por persoal funcionario pertencente aos corpos e escalas doutras administracións públicas.


Consulta na sección de UVigo En Cifras do Portal de Transparencia os indicadores de persoal desagregados por por sexo, idade, procedencia xeográfica, categoría etc. e os indicadores de formación. 

UVigo en cifras


Contactos do Persoal de Administración e Servizos 

Icona de directorio de persoal

Preme no botón se precisas buscar alguén entre o Persoal de Administración e Servizos.

Ir ao directorio de PAS