Inauguración da exposición 'Espazos Cóncavos e Convexos'
Fecha de celebración:
18 de enero de 2021 a las 17:00Dirigido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI y Público externoOrganiza
Alumnado da Facultade de Belas ArtesLugar
Rúa Estrada, 6
36004 Pontevedra
España
Tipo de evento
ExposiciónEntrada:
de balde No es necesaria reserva.Modalidade
PresencialPromovida no marco dunha actividade académica da Facultade de Belas Artes
O Espazo Matrioska acolle entre o 18 e o 21 de xaneiro a exposición Espazos Cóncavos e Convexos, promovida polas estudantes da Universidad Nacional de las Artes de Bos Aires Carla Gasparrini e Lorena Sosa no marco dun traballo académico que levan a cabo como alumnas de intercambio na Facultade de Belas Artes.
A exposición reúne as obras de once artistas novos, españois e latinoamericanos, que reflexionan nas súas obras sobre o cóncavo e convexo, sobre a comprensión dos distintos espazos habitables como algo que pode ser tanto real como ficticio.
A mostra poderá visitarse o luns 18 en horario de 17.00 a 19.30 horas, o martes e mércores de 10.00 a 13.30 e de 16.30 a 19.30 horas e o xoves de 10.00 a 13.30 horas. Debido á situación sanitaria, as visitas terán un aforo limitado de 15 persoas, sendo posible reservar quenda a través do correo electrónico espazoscc@gmail.com.