Accesibilidade

A accesibilidade nos sitios web da Administración Pública ten carácter legal

  • A Lei de Servizos da Información e Comercio Electrónico (Lei 34/2002, de 11 de Xullo entrando en vigor o 12 de Outubro de 2002 - LSSICE) indica que teranse en conta as NORMAS UNE 139801:2003, UNE 139802:2003 e sobre todo UNE 139803:2004, ademáis das directrices do WAI -Web Accessibility Initiative- que son consideradas, pola Unión Europea, normas "de facto". Estas normas teñen en conta a accesibilidade para todos.

Ademais debemos observar o dereito que todas as persoas con algún tipo de discapacidade teñen para acceder á información en igualdade de condicións.

Hai unha alta porcentaxe de persoas que sofren algún tipo de discapacidade que pode dificultar o seu acceso a Internet.

O portal da Universidade de Vigo foi deseñado e programado seguindo as directrices de accesibilidade e usabilidade da iniciativa WAI -Web Accesibility Initiative-, que marca uns estándares internacionais na creación de contidos web accesibles a todo o mundo.

Entre as pautas básicas de accesibilidade marcadas pola Universidade de Vigo podemos mencionar as seguintes:

  • Orde lóxica de presentación dos elementos en pantalla
  • Sistema de navegación simplificado, non se utilizan menús despregable
  • Texto descritivo das imaxes
  • Acceso mediante teclado ás opcións principais
  • Organización: cada páxina está organizada dun xeito claro e estruturada para mellorar a navegación e achegar usabilidade
  • Mapa Web: Proporciona unha visión global e clara do sitio web
  • Linguaxe: utilizar unha linguaxe clara e sinxela para unha mellor comprensión e para facilitar a lectura no monitor do ordenador.

Tamén temos dispoñibles atallos de teclado para o acceso directo a ligazóns específicas, o seu funcionamento é diferente segundo o sistema operativo e os navegadores

Windows:

  • Internet Explorer: ALT + tecla numérica + ENTER
  • Firefox: ALT + tecla numérica

Mac:

  • Safari: Ctrl + tecla numérica

Teclas numéricas:

  • 0 Declaración de accesibilidade
  • 1 Páxina de inicio
  • 2 Utilidades
  • 3 Mapa web
  • 4 Correo web
  • 5 Búsqueda
  • 6 Login
  • 7 Contacto

Validación de W3C XHTML, W3C CSS e W3C WAI-AA pendentes.

De todos os xeitos, se nalgunha das páxinas do novo portal da Universidade de Vigo atopas algún elemento que non cumpre co estipulado, por favor, comuníquenolo cubrindo o seguinte formulario.