Ciencia aberta

Vista dunhas mans tecleando o teclado dun portátil


A ciencia aberta é unha aproximación colaborativa, transparente e accesible á investigación, que implica un cambio estrutural na maneira de concibila, executala e difundir os seus resultados. Trátase non só da apertura das publicacións, senón tamén dos datos de investigación, das metodoloxías, dos procesos, das infraestruturas e servizos dixitais así como da implicación da cidadanía nun entorno de investigación e innovación responsable. 

De acordo co obxectivo 19 do Plan estratéxico 2020-2026, a Universidade de Vigo aposta pola ciencia aberta a través dun conxunto de accións que desenvolver de cara a 2026. 

marco normativo, tanto nacional como europeo, marcan tamén esa senda na que camiñar nos vindeiros anos. Por isto, a UVigo proponse os seguintes obxectivos para implantar o modelo de ciencia aberta: 

  1. Acadar o acceso aberto pleno das publicacións científicas.
  2. Impulsar a creación dun sistema de infraestruturas e de servizos de apoio humano que faciliten a publicación de datos nun sistema FAIR (localizables, accesibles, interoperables e reutilizables) en repositorios de confianza. 
  3. Promover ou fomentar un sistema de avaliación cualitativo e cuantitativo que recoñeza a diversidade de resultados da investigación e as prácticas de ciencia aberta.
  4. Implantar o coñecemento e a práctica dos principios de Ciencia Aberta por parte do persoal investigador, as unidades de apoio á investigación e do persoal da biblioteca. 
  5. Xestionar e velar polo cumprimento das recomendacións e accións establecida por parte das organizacións para progresar cara á ciencia aberta. 


Publicar en acceso aberto

Publicar en acceso aberto en revistas científicas ou en repositorios ten múltiples vantaxes para os investigadores e investigadoras: ter máis visibilidade e máis impacto; conservar os dereitos sobre as obras; publicar sen custo os artigos en acceso aberto e cumprir os requirimentos das axencias de financiamento. Para as institucións e a sociedade, o acceso aberto permite reflictir a actividade investigadora da universidade; favorecer a innovación e facilitar a transparencia e rendición de contas do investimento público na investigación.

A Biblioteca Universitaria mantén acordos con varias editoriais académicas para publicar en acceso aberto con descontos ou con financiamento nas tarifas de publicación destes artigos.


Máis información

 

A Biblioteca Universitaria encargarase de xestionar as solicitudes e ofrecerá soporte e asesoramento sobre o procedemento que se debe seguir.

As consultas pódense realizar por correo electrónico a través do enderezo accesoaberto.biblioteca@uvigo.gal