Axudas autonómicas

Axudas para a iniciativa fábrica intelixente e sustentable, orientada a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras para apoiar ás empresas na súa transición industrial en liña coas prioridades europeas en materia de dixitalización e pacto verde.

Máis información

Axudas para consolidar, estruturar e especializar as unidades de investigación máis competitivas do Sistema galego de I+D+i mediante as seguintes modalidades:

  • Modalidade A
    Grupos de referencia competitiva (GRC). Axudas para a consolidación de grupos de investigación que pola súa produción científica e a súa actividade de I+D constitúan unha referencia no Sistema galego de I+D+i.
  • Modalidade B
    Grupos con potencial de crecemento (GPC). Axudas para a consolidación de grupos de investigación que pola súa produción científica e a súa actividade de I+D amosan potencial de crecemento ata converterse en grupos de referencia do sistema de I+D+i galego.
  • Modalidade C
    Proxectos de excelencia. Axudas para a realización de proxectos de investigación a investigadores ou investigadoras individuais que, contando cunha traxectoria excelente consolidada ou en formación, teñen que afianzar unha liña de traballo baseada en proxectos de alto impacto fundamentalmente nos ámbitos nacional e internacional.

Saber máis

A convocatoria promove o desenvolvemento de aplicacións comerciais das investigacións xeradas nos centros de coñecemento galego, a través da consecución de licenzas de comercialización ou a creación de spin-offs. O esixente proceso de avaliación e intensivo apoio durante a execución supón o máximo recoñecemento á ciencia e tecnoloxía xerada en Galicia para garantir o seu impacto na sociedade.

Saber máis

Financiamento de proxectos de interese para a Universidade de Vigo e a Deputación de Ourense para apoiar as investigacións que contribúan ao desenvolvemento social e económico da provincia de Ourense e ao coñecemento da súa realidade, así como á especialización do Campus Auga.
 
Convocatoria

Financiamento de proxectos de interese para a UVigo e a Deputación de Pontevedra, dentro das seguintes liñas de investigación:

  • Ciencias da saúde: investigación en novas estratexias de prevención e promoción da saúde.
  • Medicina e saúde pública: promoción e educación para a saúde.
  • Ciencias: biodiversidade e conservación de hábitats.
  • Agrobioloxía ambiental: calidade, solos e plantas
  • Ciencias sociais, economía, sociedade e territorio: estudos demográficos.

​​​​Máis información


Calendarios de convocatorias e máis información

 

Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 597
vicinv@uvigo.gal