Axudas internacionais

A Oficina de Proxectos Internacionais facilita a participación do personal investigador da UVigo en proxectos internacionais educativos e de investigación. Informa, asesora e colabora na xestión destes proxectos, proporcionándolles un apoio integral ás investigadoras e investigadores.

De seguido poderás consultar as convocatorias abertas ou futuras así como eventos informativos, de networking ou de formación relativos á investigación internacional.

Taboleiro de convocatorias


Outras axudas

Financiamento de proxectos de interese para a Universidade de Vigo e a Universidade do Minho.

Financiaranse proxectos relacionados coas áreas de investigación nas que esta colaboración poida ser máis frutífera, desde dous puntos de vista:

  • Realización de proxectos conxuntos (modalidade 1)
  • Promoción da preparación de proxectos internacionais en colaboración (modalidade 2).

Máis información

 

Oficina de Proxectos Internacionais
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
opi@uvigo.gal