Convocatoria estatal de prazas de enxeñeiros e enxeñeiras aeronáuticos
O Ministerio de Transportes convoca dous procesos selectivos:
80 prazas do corpo de enxeñeiros e enxeñeiras aeronáuticos
Requírese posuír ou ter cumpridas as condicións para a obtención do título de enxeñeiro/a aeronáutico ou aquel que habilite para o exercicio desta profesión regulada, conforme o establecido nas directivas comunitarias, á data de finalización do prazo de presentación de instancias.
O proceso de selección constará das fases de oposición, de concurso e de curso selectivo.
Máis información aquí.
30 prazas do corpo de enxeñeiros e enxeñeiras técnicos aeronáuticos
Requírese posuír ou ter cumpridas as condicións para a obtención do título de título de enxeñeiro/a técnico aeronáutico ou aquel que habilite para o exercicio desta profesión regulada, conforme o establecido nas directivas comunitarias, á data de finalización do prazo de presentación de instancias.
O proceso selectivo realizarase mediante o sistema de concurso-oposición.
Máis información aquí.
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 14 de agosto de 2020.