Social Security
This content is currently not available in English
Maternidade/adopción, paternidade
- O interesado ou interesada deberá solicitar no Servizo Público Galego de Saúde (SERGAS) o informe de maternidade e deberá comunicar a baixa por maternidade/paternidade á unidade ou centro de traballo.
- A copia do informe correspondente á empresa deberá presentala no servizo de retribucións e seguros sociais.
- O servizo de retribucións e seguros sociais expedirá o certificado de empresa por maternidade/paternidade no que subscribirá a data na que se inicia o descanso e os datos de cotización.
- A prestación será aboada polo Instituto Nacional de Seguridade Social: o certificado de maternidade deberá ser presentado no Centro de Atención e Información da Seguridade Social (CAISS) onde lle indicarán os trámites e a documentación necesaria para a percepción da prestación de maternidade/paternidade.
Se desexa máis información sobre a prestación na Seguridade Social
Instrucións sobre incapacidade temporal (IT)
Instrución sobre o réxime retributivo na situación de incapacidade temporal (pdf)276.32 KB Instrución sobre a tramitación de partes médicos [PDF]. 72.12 KBO apartado 4 desta instrución atópase derrogado pola disposición derrogatoria quinta da Instrución da Xerencia do 5 de outubro de 2018 sobre o réxime retributivo na situación de Incapacidad Temporal do persoal ao servizo da Universidade de Vigo.