Campus Camp
This content is currently not available in English
Durante as vacacións de verán as cativas e cativos poderán gozar co programa Campus Camp
Para favorecer a conciliación da vida familiar e profesional dos membros da comunidade universitaria en época de vacacións escolares ao tempo que se achega a universidade aos máis pequenos, a Universidade de Vigo ofrece a actividade do “Campus Camp” para os 3 campus (Ourense, Pontevedra e Vigo).
Esta actividade está dirixida aos fillos e fillas dos membros da comunidade universitaria con idades comprendidas entre o 3 e os 12 anos durante os períodos non lectivos dos meses de xuño, xullo e setembro.
Obxectivos
- Relacionarse con nenos e nenas de idades similares, facilitándolle alternativas de ocio que posibiliten a convivencia e o desenvolvemento das relacións interpersoais.
- Aproveitar as particularidades da situación do campus para realizar actividades ao aire libre.
- Fomentar o coñecemento por parte dos menores do entorno universitario a través de actividades lúdico-formativas.
- Fomentar as actividades en grupo, mediante a colaboración e o traballo cooperativo.
- Iniciarse ou afondar na adquisición de habilidades específicas de diferentes deportes a través do xogo.
- Unificar as posibilidades que ofrece a universidade para conciliar a vida familiar e laboral en época de vacacións escolares.
- Crear un ambiente de distensión provocando a risa e a diversión.
- Programación de actividades 2018. Campus de Ourense
- Programación de actividades 2018. Campus de Vigo
Quendas
- Xuño, xullo e setembro: do 22 de xuño até o comezo do curso de educación primaria (agás agosto)
- Xuño: do 22 ao 29
- Xullo: do 2 ao 31
- 1ª quincena de xullo: do 2 ao 13
- 2ª quincena de xullo: do 16 ao 31
- Setembro: do 3 até o comenzo do curso de educación primaria
- Días soltos: todos os días hábiles das quendas
Documentación
Convocatoria302.37 KB Manual para usuarios e usuarias582.37 KB Información para nais e pais. Campus de Vigo76.94 KB Memoria de actividades 2017. Campus de Vigo270.67 KBPara máis información, podes contactar con:
Sección de Extensión Universitaria
extension@uvigo.gal
+34 986 813 626