Rectorate
This content is currently not available in English
O reitor ou reitora é a máxima autoridade académica da Universidade e ostenta a súa representación
O reitor ou reitora exerce a dirección e o impulso, o goberno, a coordinación e a supervisión da actividade e do funcionamento da Universidade, a través do desenvolvemento das liñas de actuación aprobadas polo Claustro Universitario e o Consello de Goberno e da execución dos seus acordos.
A persoa reitora é elixida mediante elección directa e sufraxio universal, de entre as persoas funcionarias en activo do corpo de catedráticas e catedráticos que presten servizos na universidade. O voto para a elixir o reitor ou reitora será ponderado polos distintos sectores da comunidade universitaria. O procedemento para a súa elección, la duración de su mandato e os supostos de substitución veñen marcados polos estatutos da institución.
Para o desenvolvemento destas funcións conta co apoio dun equipo de goberno formado por once vicerreitorías, unha secretaría xeral e unha xerencia.