Chairs

This content is currently not available in English

As cátedras son unha forma de establecer unha colaboración estratéxica, ampla, cualificada e estable coa contorna empresarial, coas fundacións e entidades que, máis alá do económico, permita acadar mediante estratexias a docencia, a formación e a investigación planificadas conxuntamente, froitos que redunden directamente no beneficio de ambas as partes.

Deste xeito, dáse forma a un modelo de colaboración especialmente interesante para o futuro das entidades participantes. Neste modelo, a empresa ou entidade comprométese a unha achega económica anual equivalente á retribución dun catedrático/a de universidade e a cátedra pode levar unha denominación de acordo cos seus fins. As actividades que se poden incluír no marco da cátedra son plurais e van desde a formación e intercambio de persoal e de experiencias ata a realización de proxectos de I+D.

Para o mellor funcionamento da cátedra, créase unha comisión de seguimento, integrada por representantes de ambas as dúas entidades, que se encarga de seleccionar as actividades, facer o seu seguimento e resolver calquera necesidade.

 

Coñece as cátedras da UVigo
 

  • Denominación
    Cátedra Afaga-Atendo de Idadismo 
  • Entidades
    Asociación de Familiares Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia (Afaga Alzheimer), Atendo 
  • Ano de constitución
    2022 
  • Dirección
    Ana Belén Fernández Souto 
  • Web

  • Denominación
    Cátedra Aldaba WIB: Women, ICT & Business
  • Entidades
    Aldaba Servicios Profesionales SL e Universidade da Coruña
  • Ano de constitución
    2019
  • Web

  • Denominación
    Cátedra Almirante Álvarez-Ossorio 
  • Entidade
    Escola Naval de Marín 
  • Ano de constitución:
    2003 
  • Dirección
    Eva Lantarón Caeiro
  • Web

  • Empresa
    Consorcio Zona Franca Vigo
  • Ano constitución
    2018
  • Dirección
    Reitor ou reitora da Universidade de Vigo, ou persoa en quen delegue
  • Web

  • Entidade
    Consellería de Vicepresidencia Primeira
  • Ano de constitución
    2024

  • Denominación
    Cátedra CIRCOM: asociación de televisións públicas rexionais 
  • Ano de constitución
    2023 
  • Dirección
    José Rúas Araújo
  • Web

  • Denominación
    Cátedra Coren
  • Ano de constitución
    2021
  • Dirección
    Elena Rivo López

  • Denominación
    Cátedra de feminismos 4.0 DePO-UVigo
  • Entidade
    Deputación de Pontevedra
  • Ano de constitución
    2024
  • Web

  • Denominación
    Cátedra institucional en finanzas autonómicas
  • Entidade
    Consellería de Facenda e Administración Pública
  • Ano de constitución
    2021

  • Denominación
    Cátedra Oesía
  • Empresa
    Grupo Oesía
  • Ano de constitución
    2024
  • Dirección
    Ana Vázquez Alejos e Óscar Rubiños López
  • Obxectivos
    A cátedra Oesía responde ao interese de ambas as entidades por colaborar en actividades docentes e de investigación no eido das telecomunicacións e, especialmente, no estudo da radiofrecuencia aplicada. Dentro deste ámbito, a cátedra buscará tratar aspectos clave como os sistemas de antenas, o deseño e a simulación electromagnética destes sistemas, a súa calibración e medición, así como a aplicación de ferramentas transversais dadas pola intelixencia artificial, con posibilidades de ampliación cara ás áreas como a simulación electromagnética, os sistemas QKD ou as redes 5/6 G.​​

  • Data de constitución
    1 de febreiro de 2023
  • Empresa
    Indra Sistemas, SA
  • Dirección
    Rebeca P. Díaz Redondo, catedrática de universidade e directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
  • Comisión de seguimento:
    • Manuel Fernández Iglesias, coordinador do Mestrado en enxeñaría telemática, Universidade de Vigo
    • Laura Docío Fernández, subdirectora de Captación e Difusión da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Universidade de Vigo
    • Iñigo Cuiñas Gómez, coordinador do Plan de acción titorial da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Universidade de Vigo
    • Ruth del Carmen Escarda Iglesias, INDRA
    • Manuel Ángel Otero Chantada, INDRA
    • Jesús Manuel Costa Pazo, INDRA
    • Javier Piñeiro Rodríguez, INDRA
  • Obxectivos e actividades:
    • Colaboración e apoio no Plan de difusión e captación da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación para a realización de actividades de divulgación científica e tecnolóxica que redunden na visibilidade, a difusión, o coñecemento e a práctica dos estudos que se imparten na Escola, e con iso, fomentar as vocacións científicas e tecnolóxicas entre o alumnado máis novo.
    • A creación dun programa de captación de talento, que teña por finalidade a formación de excelencia de alumnado da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.
    • O impulso de actividades que permitan a difusión da actividade docente e investigadora do persoal docente e investigador da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.
    • A colaboración en actividades transversais á docencia, especialmente no ámbito do Plan de acción titorial (orientaTE e mentoría MEET-Teleco).
    • Promover a posta en marcha de actividades formativas que teñan por obxecto a capacitación, especialización e actualización de competencias de membros da comunidade universitaria atendendo as necesidades competitivas da empresa.
    • Organizar xornadas, conferencias, seminarios ou foros, nos ámbitos de estudos propios da cátedra.
    • Promoción en eventos científicos e tecnolóxicos relacionados con temas de interese no ámbito da cátedra.
    • Realización conxunta de proxectos e programas de investigación científica, desenvolvemento e innovación tecnolóxica.
    • Divulgación das actividades da cátedra.
  • Web
  • Contacto:

  • Denominación
    Cátedra de ciberseguridade
  • Entidade
    Instituto Nacional de Ciberseguridade
  • Ano de constitución
    2024​​​

  • Denominación
    Cátedra Jean Monnet. Institucións e cidadanía europea: adaptar a Unión Europea aos retos da dixitalización (EICAEUD) 
  • Entidade
    Educational, Audiovisual and Culture Executive Agency (European Commission).  
  • Ano de constitución
    2014 
  • Dirección
    Celso Cancela Outeda 
  • Web

  • Denominación
    Cátedra Navantia-Monodon
  • Empresa
    Navantia, SA
  • Ano de constitución
    2023

  • Denominación
    Cátedra R en Ciberseguridade
  • Entidades
    R Cable y Telecomunicaciones Galicia, SAU e Universidade da Coruña
  • Ano de constitución
    2018
  • Dirección 
    Ana Fernández Vilas, en delegación do reitor da UVigo e coordinadora do Mestrado interuniversitario (UVigo-UDC) en ciberseguridade.
  • Comisión de seguimento:
    • Rebeca P. Díaz Redondo, coordinadora do Grao en Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo (teleco.uvigo.es).
    • Carlos Dafonte, en delegación do reitor da UDC e coordinador do mestrado na Universidade da Coruña (fic.udc.es).
    • Francisco Javier Nóvoa de Manuel, representante do PDI da Universidade da Coruña (fic.uddc.es).
    • ldola Uriarte, responsable de Seguridade da Información do Grupo Euskaltel (euskaltel.com).
    • Susana Rey, delegada en Protección de Datos do Grupo Euskaltel (esukaltel.com).
  • Dotación
    10 000 euros da UVigo e 10 000 euros da UDC.
  • Obxectivos
    A Cátedra R en Ciberseguridade nace co fin de promover o desenvolvemento das competencias profesionais do alumnado universitario, mellorar a capacitación, ampliar ou actualizar os coñecementos, técnicas ou habilidades da comunidade universitaria ou doutras persoas profesionais co obxectivo de adaptalas ás necesidades da empresa, fomentar a súa formación continua, a innovación e a investigación na área da ciberseguridade. 
  • Liñas estratéxica 
    Ao abeiro deste obxectivo xenérico, as liñas estratéxicas de actuación da Cátedra R en Ciberseguridade son: 
    • A colaboración na docencia e na investigación, especialmente no Mestrado lnteruniversitario (UVigo-UDC) en Ciberseguridade (munics.es).
    • A creación dun programa de captación de talento, que teña por finalidade a consecución da excelencia académica nas universidades de Vigo e da Coruña. 
    • O impulso de actividades que permitan crear espazos de debate e difusión da actividade docente e investigadora do ámbito da ciberseguridade.
    • A promoción de actuacións que estimulen a capacitación, especialización e actualización das competencias da comunidade universitaria e profesionais alleos á mesma, atendendo ás necesidades competitivas da empresa.
  • Actividades
    Máis concretamente, establécense as seguintes actividades como prioritarias: 
    • Actividades de formación e divulgación:
      • Colaboración en mestrados e outros estudos de posgrao, tanto oficiais como propios.
      • Patrocinio de bolsas predoutorais e posdoutorais; premios a traballos de fin de grao ou mestrado e concursos de ideas.
      • Conferencias, seminarios, obradoiros e visitas a empresas; promoción de prácticas curriculares e extracurriculares.
      • Colaboración en plans de formación para empresas ou institucións;  colaboración no deseño e impartición de Programas de Formación Permanente.
      • Formación para a creación de empresas de base tecnolóxica ou para a explotación de resultados de investigación.
      • Realización de xornadas de divulgación científica, tecnolóxica e da cultura da ciberseguridade na sociedade; promoción en acontecementos científicos, técnicos e de concienciación da sociedade; organización de exposicións e promoción da cultura de ciberseguridade na sociedade. 
      • Publicacións sobre temas de interese no ámbito da cátedra.
      • Divulgación das actividades da cátedra.
         
    • Actividades de transferencia e de investigación:
      • Desenvolvemento de liñas de investigación conxunta; realización traballos de investigación.
      • Promoción da contratación de grupos das universidades da Coruña e de Vigo para desenvolver accións de innovación ou consultoría especializada na empresa.
      • Cooperación para lograr proxectos de investigación en programas de concorrencia competitiva no ámbito galego, español e europeo.
      • Promoción de encontros e redes nacionais e internacionais de expertos nas áreas de interese da cátedra.
      • Apoio á realización de teses de doutoramento, traballos de fin de mestrado e traballos de fin de grao de perfil I+D+i.
  • Web

  • Denominación
    Cátedra Ribera Povisa en innovación e saúde
  • Empresa
    Ribera Povisa
  • Ano de constitución
    2024
  • Dirección
    Vicente Romo Pérez, profesor da Universidade de Vigo
  • Secretaría
    Manuel Torres Vizcaya, director da EUE Ribera Povisa
  • Obxectivos
    O acordo de colaboración entre o grupo sanitario Ribera e a Universidade de Vigo establece a creación da Cátedra Ribera Povisa en innovación e saúde. O seu obxectivo é implementar un programa de desenvolvemento académico-profesional para o profesorado da Escola Universitaria de Enfermaría.Esta cátedra fomenta o desenvolvemento de competencias e ferramentas innovadoras nas ciencias da saúde. Promove ademais actividades para impulsar e recoñecer a investigación neste ámbito, e desenvolve o Curso avanzado de posgrao en metodoloxía da investigación en ciencias da saúde.
  • Web

  • Denominación
    Cátedra Saraiva, Activiza e Innova
  • Empresa
    Saraiva, SL
  • Ano de constitución:
    2021 
  • Obxectivos
    Fomentar a investigación, innovación e formación no ámbito do sector sociosanitario orientado á persoas maiores.

  • Denominación
    Cátedra Saramago
  • Entidade
    Camões – Instituto da Cooperação e da Língua, I.P
  • Ano de constitución
    2015
  • Web

  • Denominación
    Cátedra de Espazo de Innovación
  • Empresa
    Telefónica Móviles España
  • Ano de constitución
    2014
  • Obxectivos
    A Cátedra Telefónica para os espazos de innovación constitúe un programa de colaboración entre a empresa Telefónica e a Universidade de Vigo. E​​​​​​sta cátedra desenvolve as súas actividades na promoción, desenvolvemento, difusión e propostas que atendan as temáticas relacionadas coa innovación tecnolóxica, empresarial, industrial e social de acordo coa mellora do benestar social, mellora na eficiencia, novos sistemas de xestión, a aplicación das tecnoloxías da información e a comunicación, mellora da calidade ambiental e a sociedade cun desenvolvemento sostible ambiental e enerxeticamente.
  • Dirección da cátedra
    José Cidrás Pidre jcidras@uvigo.gal
  • Web

  • Entidade
    Unesco
  • Ano de constitución
    2014
  • Obxectivos
    Fomentar un sistema integrado de investigación, formación, información e documentación sobre a xestión sustentable das zonas costeiras.