Associationism
This content is currently not available in English
Dispomos dun servizo de apoio ao asociacionismo e á promoción da participación do alumnado universitario en todos os aspectos da vida universitaria
O alumnado debe formar parte de todos os aspectos da vida universitaria participando activamente das decisións e das iniciativas que se desenvolven na universidade. Existen diferentes formas de participar, tales como:
- Representantes deste sector no claustro, consello de goberno ou xuntas de facultade
- Delegacións de estudantes das diferentes titulacións
- Asociacións universitarias
- Grupos informais para o desenvolvemento de proxectos específicos
Para favorecer o desenvolvemento destas iniciativas, a Universidade de Vigo dispón dun servizo de apoio para asesorar ao alumnado nos aspectos legais e burocráticos, convocatorias de axudas ou de recursos para o uso por parte destas asociacións.