MEET-UVigo
This content is currently not available in English
O MEET-UVigo consiste en que alumnado dos últimos anos de grao exerza de mentor de alumnado de primeiro curso. Para poder desenvolver este labor os e as estudantes mentores reciben unha formación intensiva en competencias transversais. Neste momento están participando sete titulacións:
- Tecnoloxías da Telecomunicación
- Linguas Estranxeiras
- Recursos Mineiros e Enerxéticos
- Enerxía
- Química
- Economía
- Ciencias do Mar
O MEET-UVigo ten o seu xérmolo no MEET-Teleco desenvolvido na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. Os mentores e mentoras eran formados previamente por un equipo de adestradores profesionais en diferentes competencias para desenvolver o seu labor. O elevado custo do programa fixo que se tivera que reformular e decidiuse formar un grupo de profesorado da Universidade de Vigo para que fora o encargado de formar os mentores e mentoras.
Deste xeito, no ano 2016, un colectivo formado por 25 profesores e profesoras uníronse voluntariamente á iniciativa. Recibiron unha formación de 80 horas e comezaron a encargarse da formación do alumnado mentor a partir do mes de maio de 2017. A idea é que cada ano se vaian incorporando dúas titulacións novas e así ir transferindo esta boa práctica ao resto da universidade.
A nivel xeral, a participación de diferentes membros da Universidade, tanto estudantado coma profesorado, é sumamente positiva: xera un sentimento comunitario e de identificación cos valores da institución e promove a convivencia e participación activa nos procesos da universidade. Estes lazos afectivos prolónganse no tempo e son considerados un elemento de arraigo e de identificación persoal e colectiva.
Persoal coordinador por centros
- Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Artemio Mojón Ojea
teleco.pat@uvigo.es - Facultade de Filoloxía e Tradución
Rosalía Rodríguez Vázquez
peermentoring.fft@uvigo.es - Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Ángeles Domínguez Santiago
eme.meet@uvigo.es - Facultade de Química
Mercedes García Bugarín
mgarcia@uvigo.es
Ignacio Pérez Juste
uviqpipj@uvigo.es - Facultade de Ciencias do Mar
Ángeles Peña Gallego
mpena@uvigo.es - Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
María de las Mercedes Vila Alonso
mvila@uvigo.es
Pilar Piñeiro García
pilar@uvigo.es - Área de Formación e Innovación Educativa
María de los Ángeles Villar Lemos
innovación.educativa@uvigo.es
+34 986 812 035
Os contidos desta páxina xestiónaos a Área de Formación e Innovación Educativa, se tes algunha consulta podes contactar con eles a través de: innovacion.educativa@uvigo.es | +34 986 812 035