Imaxe da feira de emprego EmpregoInCampus 2022

Job fair

This content is currently not available in English

A Universidade de Vigo colabora con outras universidades e entidades no desenvolvemento de ferias de emprego, tanto presenciais como virtuais

EmpregoinCampus 2022

A primeira feira internacional EMPREGOinCAMPUS xorde para pór en contacto a persoas tituladas e o estudantado do último curso con empresas colaboradoras que estean buscando talento na Universidade de Vigo.

A Área de Emprego e Emprendemento organiza este evento co apoio do Consello Social da Universidade de Vigo, o Concello de Vigo e o EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal, así como coa colaboración da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD), o IEFP de Portugal,  CIM-AM - Camara Municipal de Valença-Alto Minho- e a Associação Empresarial de Viana do Castelo.

EMPREGOinCAMPUS terá lugar nas facultades e escolas dos tres campus universitarios en tres datas distintas en función do campus e do perfil das candidaturas. As datas da feira e os prazos de inscrición e de publicación da listaxe de empresas participantes dependerán de cada campus.

Convidámoste a botarlle un ollo aos distintos perfís buscados e a participar de balde na feira EMPREGOinCAMPUS!

Velaquí as datas das edicións da feira en cada campus e toda a información que precisas para inscribirte.


Feira de emprego EmpregoInCampus 2022
 

EmpregoinCampus en Vigo

  • Ámbito empresarial, xurídico e das linguas nos negocios

    Perfil das candidaturas

    Estudantes de último curso ou persoas tituladas nos seguintes graos e mestrados afíns: administración e dirección de empresas, dereito, economía, comercio exterior, relacións laborais, tradución e interpretación e filoloxías.

    Cando e onde?

    Os días 27 e 28 de abril de 2022, na entrada das facultades de Ciencias Económicas e Empresariais e de Ciencias Xurídicas e do Traballo.

    Programa

    Inscrición

    Empresas
    Prazo: ata o 15 de abril de 2022

    Inscrición

    Estudantes e persoas egresadas
    Prazo: ata o 26 de abril de 2022

    Inscrición

  • Ámbitos: ciencias e biotecnoloxías

    Perfil das candidaturas: 

    Estudantes de último curso ou persoas tituladas nos seguintes graos e mestrados afíns: bioloxía, ciencias do mar, químicas e enfermarías.

    Cando e onde?

    O de 20 de outubro de 2022, no edificio de Ciencias Experimentais

    Inscrición

    Empresas
    Prazo: ata o 14 de outubro de 2022

    Estudantes e persoas egresadas
    Prazo: ata o 14 de outubro de 2022

 

EmpregoinCampus en Ourense

  • Ámbito xurídico, social e humanístico

    Perfil das candidaturas

    Estudantes de último curso ou persoas tituladas nos seguintes graos e mestrados afíns: administración e dirección de empresas, dereito, educación infantil, educación primaria, educación social, xeografía e historia, e traballo social e turismo.

     
  • Ámbito científico e tecnolóxico

    Perfil das candidaturas:

    Estudantes de último curso ou persoas tituladas nos seguintes graos e mestrados afíns: ciencias ambientais, enfermaría, enxeñarías aeroespacial, agraria e informática, e tecnoloxía dos alimentos.

    ​​​​​​
  • Cando e onde?

    O 6 de outubro de 2022, no polideportivo universitario do campus de Ourense.
     
  • ​​Prazos de inscrición

    Empresas: ata o 23 de setembro de 2022

    Estudantes e alumni: ata o 5 de outubro de 2022

  
EmpregoinCampus en Pontevedra

  • Ámbito: comunicación, deseño e artes

    Perfil das candidaturas:

    Estudantes de último curso ou persoas tituladas nos seguintes graos e mestrados afíns: belas artes, comunicación audiovisual e publicidade e relacións públicas.

     
  • Ámbito: educación, saúde e deporte

    Perfil das candidaturas:

    Estudantes de último curso ou persoas tituladas nos seguintes graos e mestrados afíns: ciencias da actividade física e do deporte, educación primaria e secundaria, enfermaría e fisioterapia.

     
  • Ámbito: dirección e xestión pública

    Perfil das candidaturas:

    Estudantes de último curso ou persoas tituladas nos seguintes graos e mestrados afíns: dirección e xestión pública.
     

    Cando e onde?

    O 27 de outubro de 2022, na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

    ​​​​​​
    Prazos de inscrición

    Empresas: ata o 13 de setembro de 2022

    Estudantes e alumni: ata o 26 de outubro de 2022

 

Edicións anteriores

 A Universidade de Vigo está colaborando coa de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD), o EURES Transfronteirizo Galicia - Norte de Portugal e o IEFP/EURES Portugal na organización de OneJob 2021, a segunda edición da súa feira europea de emprego en liña.
 

Días: 28 e 29 de outubro de 2021
Formato: en liña
Prazo de inscrición: 15 de outubro (empresas) e 27 de outubro (candidaturas)
 

Feira de emprego One Job 2021


Empresas

Gustaríache incorporar novos e novas profesionais nos teus equipos de traballo? Queres ampliar a túa busca de talento a persoas universitarias de toda Europa?

Se contestaches que si a estas preguntas, inscríbete!

Sen necesidade de efectuar pagamentos nin desprazamentos poderás:

  • Rexistrarte e crear/actualizar o perfil da túa entidade como expositor na plataforma.
  • Promover as túas ofertas de emprego ou de prácticas en Europa, con especial foco en España e Portugal
  • Interactuar con candidaturas do teu interese a través dun chat individual os días da feira.
  • Planificar e realizar entrevistas en liña individuais tanto durante a feira como ao longo da semana posterior a esta.
  • Incluír unha presentación da túa empresa e das posibles necesidades de recrutamento no programa do evento

Aínda que se empregará o inglés como principal idioma de traballo, tamén se poderá usar o español e o portugués.

Formulario de inscrición
 

Estudantado e persoas egresadas

Estás a buscar emprego? Queres candidatarte a empregos que coincidan co teu perfil universitario? Talvez queiras participar nalgunha entrevista de recrutamento?

Se contestaches afirmativamente a estas preguntas e, ademais, queres beneficiarte dun programa en vivo de presentacións de empresas que cobren unha ampla gama de temas (busca de emprego, mobilidade, ofertas de emprego...), inscríbete!

Os únicos requisitos para participares son ter acceso a:

  • Un ordenador, tableta ou teléfono intelixente con acceso a internet
  • Un auricular con micrófono
  • Idealmente, unha cámara web
  • Unha conta de Skype (para charlar e realizar posibles entrevistas de recrutamento durante o evento)

Formulario de inscrición

A Finde.U ten como obxectivo reforzar a conexión existente entre Galicia e o norte de Portugal poñendo aos principais empregadores españois, portugueses e internacionais en contacto directo co talento universitario dos máis de 66.000 estudantes e cerca de 150.000 persoas tituladas polas catro institucións.

A feira presentou tres eventos:

  • Feira Virtual. Realizada a través da web os días 9 e 10 de abril de 2019
  • Feira presencial en Vigo. IFEVI. 22 e 23 de outubro de 2019
  • Feira presencial en Porto. EXPONOR. 29 e 30 de outubro de 2019

Máis de 150 empresas de todos os sectores participaron nos eventos presenciais de Porto e Vigo. 

 

 

Máis información:

Área de Emprego e Emprendemento
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 814 036
emprego@uvigo.gal

Linkedin