
Spin-offs catalogue
Velaquí as empresas promovidas polo persoal investigador da Universidade de Vigo que permitiron transferir os resultados da investigación ao mercado e xerar valor engadido á sociedade.


Aguas de Rodas
Caracterización e recollida de auga mariña profunda da contorna do Parque Nacional Illas Atlánticas para diversos usos de consumo humano.
Alén Space
Servizos de consultoría, deseño, fabricación e operación de pequenos satélites. Solucións chave en man para negocios no espazo.


Ancora Mobile
Tecnoloxía e transformación dixital orientada aos traballadores e traballadoras, como fonte principal de competitividade da industria 4.0.
Azteca consulting de ingeniería
Creada en 2005, ofrece consultoría en áreas tecnolóxicas. Trátase da primeira spin-off da Universidade de Vigo.


Bit Oceans
Solucións avanzadas destinadas a evitar o fraude documental nos sectores público, financeiro e de organizacións profesionais.
Blue Structure Oceanic, SL
Fabricación e instalación de estruturas artificiais que favorecen a recuperación de contornas mariñas degradadas e a recuperación da función protectora dos ecosistemas mariños.


Ceo2 green, SL
Resposta á necesidade actual de constante evolución nas tecnoloxías utilizadas nos eidos das enerxías renovables, da calefacción, da climatización e da refrixeración.
Circadian Ambulatory Technology & Diagnostics, SL
Na procura dunha mellor saúde individual e poboacional mediante a adecuada diagnose de hipertensión verdadeira e así reducir a carga da enfermedade cardiovascular, metabólica e renal.


Codelab17
Empresa derivada orientada á análise, ao deseño e ao desenvolvemento de solucións fullstack para empresas principalmente do sector enerxético.
CoderIAm, SL
Ideas innovadoras e eficientes no tempo para o control de máquinas. Optimización de microprogramas para maquinaria e deseño de electrónica ad hoc.


EM3Works
Actividades de enxeñaría relacionadas con compatibilidade electromagnética (EMC), interferencia (EMI) e niveis de radiación (RADHAZ).
Energio Advance
Desenvolvemento de tecnoloxía e de produtos de enxeñaría no ámbito da eficiencia enerxética, así como a realización de tarefas de asesoramento científico e asistencia técnica.


Environmental physics technologies
Solucións no ámbito da enxeñaría marítima, civil, enerxías renovables, estudos ambientais e de efectos do cambio climático e desenvolvemento de software de simulación de fluídos.
Erh Illumnia
Desenvolvemento de lámpadas LED de baixo consumo e execución de proxectos relacionados coa óptica avanzada.


FG2 Energy Control
Mellora de envolventes con novos materiais para incrementar o illamento en edificios construídos sen control enerxético e enerxías renovables en edificios novos.
Global Applications and Solutions for Sports
Consultoría técnica e de servizos para o adestramento físico e a comercialización de ferramentas informáticas para a actividade deportiva.


Geodem
Desenvolvemento de actividades en torno á enxeñaría do medio ambiente e dos recursos naturais. Entre os seus fins atópase tamén a contribución ao desenvolvemento sostible.
HCTech
Esta iniciativa ofrece solucións ás demandas tecnolóxicas do sector marítimo no campo da hidrografía.


Imatia
Produtos e servizos de software que axudan a empresas e administracións de todo o mundo a aumentar a súa produtividade, para que poidan facer máis en menos tempo.
Inbiogal
Asistencia no deseño e no desenvolvemento de estudos de carácter bioquímico ou xenético e formación e asesoramento especializado no eido da bioquímica ed a bioloxía molecular.


Infinbox
Compañía adicada ao desenvolvemento de servizos e de solucións TIC para hospitais, tanto para pacientes como para profesionais do sector.
Ingeniería insitu, SL
Empresa de base tecnolóxica (EBT) orientada á enxeñaría e arquitectura, nacida no 2008 desde o grupo de xeotecnoloxías aplicadas.

IOT Partners
Creación de novos produtos e servizos sobre as últimas tendencias tecnolóxicas en sectores con alto potencial de dixitalización.
Mycogalicia
Promoción da mellora do estado forestal potenciando o desenvolvemento rural, desde a micoloxía ata a botánica e outros campos de traballo relacionados co medio ambiente.

Nanofaber
Provedor integral para a adquisición de materiais avanzados, nanotecnoloxías, servizos de enxeñaría e innovación para os sectores de saúde, de enerxía, de manufactura e de sustentabilidade.
Nanoinmunotech
Bioconxugación e sistemas nanométricos baseados en biosensores para mellorar a calidade de vida das persoas.


Peloides Termales
Consultoría sobre produción, emprego e propiedades de peloides a medida, tanto para aplicacións terapéuticas coma cosméticas, enfocada a prestar servizos ao sector termal.
Planesga
Consultoría especializada na avaliación de procesos territoriais, na xestión do territorio e en sistemas de información.

Q Coach
Empresa que oferta servizos de coaching, formación e open training dun xeito innovador, tanto polo seu método como polo equipo de profesionais que a forman.
Quantum innovative
Especialistas en ofrecer solucións avanzadas de enxeñaría mecánica, utilizando tecnoloxías e valorizando todo o coñecemento adquirido a través da universidade.


RelEYEble
Empresa especializada no procesado dixital da imaxe, que aplica algoritmos de intelixencia artificial para extraer información útil para os negocios.
Social Wire Labs
Deseño, desenvolvemento e comercialización de plataformas e de aplicacións de software e formación no ámbito das tecnoloxías da información e de internet.

SON
Empresa derivada constituída no ano 2008 para o desenvolvemento de ferramentas de enxeñaría acústica.
Umana Ingeniería, SL
Compañía especializada en biomecánica, pioneira en servizos de análise biomecánica e no desenvolvemento de tecnoloxías avanzadas.
Vixia System, SL
Sistemas de visualización e de avaliación de variables ambientais, sistemas de información xeográfica, modelos de xestión de recursos e automatización de procesos de mostreo.
Hydrosphere
Empresa adicada á identificación taxonómica de especies bentónicas, recollida de mostras, proxectos de I+D, asesoramento e divulgación

Energio Research
Desenvolvemento, producción e comercialización de productos baseados na mecánica.
Máis información:
Oficina de I+D
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
+34 986 812 236
otri@uvigo.gal