Spin-Offs
This content is currently not available in English
As Spin-Offs son empresas derivadas que se constitúen por iniciativa dos membros da comunidade universitaria e que explotan os coñecementos e as tecnoloxías xeradas nos traballos de investigación realizados na propia universidade
Contribúen deste xeito ao desenvolvemento económico e social, ao favorecer o progreso e xerar riqueza. As Spin-Offs universitarias teñen, ademais, a consideración de empresas de base tecnolóxica (EBT), xa que a súa actividade está baseada de forma maioritaria en tecnoloxías emerxentes, avanzadas e innovadoras.
Na Universidade de Vigo temos o firme compromiso de facer realidade a creación de spin-off universitarias nacidas desde o noso propio seo. A Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación ofrece unha serie de servizos que facilitan esta liña de transferencia de tecnoloxía e coñecemento:
- Asesoramento para a presentación da solicitude para a creación dunha EBT da Universidade de Vigo.
- Análise e informe da solicitude respecto aos resultados de investigación da universidade: titularidade, tecnoloxías e coñecementos que se van transferir, adecuación da transferencia ao proxecto, valorización desta etc.
Normativa
- Normativa de creación de empresas de base tecnolóxica da Universidade de Vigo
- Procedemento esquema de solicitude de EBT (PDF)
- Formulario de solicitude (DOC)
Empresas baseadas no coñecemento